Atropelan a unha persoa esta noite na Illa e o condutor dáse á fuga

La Voz A ILLA

AROUSA

SANDRA ALONSO

O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés

24 jun 2019 . Actualizado a las 12:40 h.

Un atropelo na madrugada de hoxe saldouse cunha persoa ferida no lugar das Aceñas, na Illa de Arousa. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 4.30 horas. O condutor do coche implicado continuou a marcha despois de producirse o accidente, pese a que a persoa ferida necesitase asistencia médica, segundo informa o servizo de emerxencias.

Ata o lugar dos feitos dirixíronse os servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil de Cambados. Tamén foron avisados os Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, por precaución. O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés. Descoñécese con que pronóstico.