Xavi Pascual, profesor estrela do Clínic Vilagarcía que hoxe arrinca en Fontecarmoa

Os interesados poden acudir hoxe pagando os 15 euros do programa na porta do propio pavillón


vilagarcía / la voz

O ciclo formativo de Técnicos Deportivos en Baloncesto do Instituto Fermín Bouza Brey de Vilagarcía ofrece hoxe e mañá unha nova edición do seu Clínic Vilagarcía no Pavillón Municipal Número 1 de Fontecarmoa. Unha iniciativa pensada para adestradores, pero tamén para calquera amante do deporte da canastra e profesorado que queira aprender de profesionais tanto do baloncesto de elite, como de categorías FEB e de formación.

Así, e tras a charla de apertura a partir das 16.30 horas «Aprendiendo a jugar con bloqueos indirectos» a cargo de Gonzalo García de Vitoria, adestrador do COB Ourense de LEB Ouro, Xavi Pascual, o laureado ex adestrador do F.C. Barcelona e do Panathinaikos, disertará desde as 18.30 sobre «Construcción de ataque en pretemporada», abrindo a sesión do sábado ás 10 horas falando de «Ataque y defensa del bloqueo directo». A preparadora a tempada pasada do Baxi Ferrol, Sandra Prieto, o axudante do Breogán Pablo Abuín e o técnico do infantil do Barça Carlos Flores completarán despois a nómina de conferenciantes. Os interesados poden asistir ás charlas pagando os 15 euros do Clínic na propia entrada do pavillón.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xavi Pascual, profesor estrela do Clínic Vilagarcía que hoxe arrinca en Fontecarmoa