Vilagarcía énchese de «iNstantes» feitos fotos

Uns trinta artistas participan na mostra


Vilagarcía / La Voz

Vilagarcía de Arousa converterase do 15 ao 22 de xuño na primeira cidade de España en acoller o Festival Internacional de Fotografía «iNstantes». O certame creado en Portugal, que este ano celebra a súa sexta edición, contará cunha delegación na nosa cidade para organizar mostras e actividades que terán como puntos neurálxicos o Salón García, no centro da cidade, e Rubiáns, concretamente o Centro Socio Cultural da parroquia e a finca Fontán. Trinta fotógrafos, entre eles cinco arousáns, aportan obras ás exposicións, que tamén contarán con fotografías realizadas por autores doutras localidades de Galicia, España, Portugal, Brasil, Arxentina, Francia e Honduras.

O programa de iNstantes en Vilagarcía inclúe entre as actividades a desenvolver no Salón García proxeccións fotográficas, charlas debate sobre diversos temas, como a atención á diversidade e través da linguaxe da imaxe e a proxección dunha curtametraxe do cineasta vilagarcián David Blanco.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Vilagarcía énchese de «iNstantes» feitos fotos