«Esa xente tivo moita sorte; bañarse á noite como o fixeron é unha temeridade total»


vilagarcía / la voz

Fernando Vicente Davila preside o club de natación e salvamento Vilagarcía. Onte, participaba nun congreso da materia en Santander, do que fixo un aparte para falar con nós sobre o acontecido na Toxa.

-Bañarse á noite é unha imprudencia total, supoño.

-Tiveron moita sorte. Unha temeridade total. Si xa de día é importante nadar cunha boia ou un gorro de cores rechamantes para que te poidan ver, facelo de noite, e nunhas circunstancias coma esas... Xa me dirás.

-Son perigosas as augas da ría?

-Cando baixa e sube a marea xéranse unhas correntes que poden ser moi perigosas. Podes nadar tranquilamente coa marea chea e, sen te dar de conta, verte atrapado pola corrente porque a marea comeza a baixar. Así que hai que ser moi coidadoso. Esa zona na que se botaron ao mar é delicada.

-Que precaucións podemos adoptar, en xeral, á hora de nadar?

-Hai elementos que, sen ser obrigatorios, son moi recomendables e avanzamos no seu uso. O afeccionado debe facelo mellor en grupo, con gorro rechamante, como xa falamos, paralelo á costa e cunha boia, que apenas custan nove ou dez euros. Para o simple bañista, está claro. Non adentarse nunha praia que non coñeces. É probable que estes turistas coñezan o Mediterráneo e se cadra se bañasen nel nunha noite de festa. O Atlántico é distinto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Esa xente tivo moita sorte; bañarse á noite como o fixeron é unha temeridade total»