A Master Senior League chega ao seu desenlace

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Hoxe dispútanse as semifinais en Fexdega, e o partido polo título na mañá do sábado na Praza de Galicia

30 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Policlínica Patricio Serqueira, primeiro clasificado da fase regular, e o Cocinas Santos, por un lado, e o Rock Bar Miúdo e o Te Lo Reservo-6,25, polo outro, dirimen esta noite no recinto feiral de Fexdega as identidades dos finalistas que na mañá do sábado, desde as 12.30, pelexarán na Praza de Galicia polo título de campión da sexta edición da Master Senior League. A competición de veteráns desenvolta desde o pasado mes de outubro, baixo a cobertura institucional da Federación Galega de Baloncesto.