A final da Copa Deputación masculina, hoxe na Lomba

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

O partido polo título feminino medirá o Umia C.F. co C.D. Valladares o mércores 5 de xuño no campo do Marcón

29 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Pontevedra B e C.D. Pontellas enfróntanse esta noite, a partir das nove, no céspede do Estadio da Lomba de Vilagarcía de Arousa na final da Copa Deputación Masculina. Un dos dous relevará á fronte do palmarés a un C.D. Choco que logo de gañar as catro edicións anteriores do torneo provincial do k.o., este ano caía nas semifinais, 2-0 a mans do Pontellas.

Unha semana despois, no Campo de Carrasco, en Marcón, Pontevedra, o que se porá en xogo será o título da Copa Deputación Feminina. O mércores 5 de xuño, a partir das 21 horas, o Umia C.F. buscará redondear o seu ascenso o pasado domingo á categoría de bronce do balompé feminino español co título provincial. Logo de derrotar 4-1 o Viajes Interrías F.F. nas semifinais, as de Moisés Campos terán que bater a un C.D. Valladares que superaba na eliminatoria anterior 2-1 o Sárdoma, verdugo en cuartos de final do vixente campión, o Atlántida Matamá.

As finais porán o colofón a unha Copa Deputación que este ano fixou un novo rexistro maior de participación, con 119 equipos masculinos e 19 femininos.