As contas do concello, unha preocupación

Javier Dios, Sonia Valle e Elena Cores amosan as súas dúbidas diante do que poidan atopar nos caixóns


vilanova / la voz

Non é doado pelexar con Gonzalo Durán. Nin no día a día, nin nunhas eleccións municipais. Javier Dios (PSOE), Noelia Valle (BNG) e Elena Cores (Somos) coinciden no seu resquemor cas contas de Vilanova.

-A situación económica de Vilanova é una cuestión recurrente. Como están as arcas municipais?

-Javier Dios (PSOE). As arcas, en realidade non sabemos con precisión como estarán xa que cada dous por tres, nos plenos, temos que aprobar recoñecementos extraxudiciais de crédito de facturas que estaban no caixón sen á fiscalización do interventor, que incrementan á deberá. O pasivo exixible ascende a 11 millóns de euros e a débeda que tiña unha carencia de dous anos hai que comezar a amortizala no 2020, có que a situación vai a ir a peor.

-Noelia Valle (BNG). As arcas municipais están peor que valeiras, con débedas de mais de 1000 euros por habitante.

-Elena Cores (Gañemos Vilanova). A situación das arcas municipais é moi delicada por culpa da nula xestión de Gonzalo Durán. As facturas páganse cunha media de 385 días de espera. Esta situación lévanos a que moitas empresas de Vilanova e da comarca pasen dificultades económicas por esta demora e algunhas cheguen a pechar. Como medida de urxencia plantexamos a redución dos salarios do grupo de goberno e a eliminación do persoal de confianza do alcalde. Esta medida non foi aceptada polo Partido Popular a pesares e que se lle subiron impostos ós veciños, como a urbana.

-Está a figura de Valle Inclán no lugar que merece en Vilanova? A súa ruta non parece gozar de moi boa saúde.

- J.D. A figura de Valle non está no lugar que debe estar un escritor de prestixio mundialmente recoñecido. Outros do seu nivel teñen unha peregrinación turístico-cultural da que viven os seus pobos e os propios veciños.

-N.V. Valle Inclán, como todo patrimonio cultural, etnográfico, e ambiental está falto de revitalización, pero nos llo daremos cun gran parque botánico que recolla todas as especies que aparecen na súas obras, e no que a veciñanza poderá participar ca súa planta.

-E.C. A figura de Valle Inclán non estivo tratada como se merece para un escritor de tan recoñecido prestixio. A nosa vila leva a pegada de grandes escritores, referentes da literatura en todo o país. Facemos referencia ao propio Valle Inclán, pero tamén debemos recoñecer outros escritores como Xulio Camba ou o historiador Xose Lois Vila Fariña. Desde Gañemos Vilanova queremos potenciar a nosa Vila-Literaria recuperando a ruta valleinclaniana, agora en total abandono, e promocionar o turismo literario a través da Semana Literaria, contando con escritores do momento, críticos literarios, feiras e outras actividades tamén vinculadas ós nosos mozos.

-Que proxecto prioritario precisa Vilanova?

-J.D. O proxecto prioritario que precisa Vilanova é un Plan Xeral de Ordenación Urbana para promover un crecemento sustentable e de futuro.

-N.V. A obra prioritaria, xunto co centro de día, é a escola infantil en Tremoedo.

-E.C. Vilanova necesita revitalizarse, por iso un dos proxectos prioritarios para o noso pobo é a activación do polígono industrial de Baión para que distintas empresas se asenten no noso concello. Outra das medidas é o asesoramento a pequenas e medias empresas (PEMES) para impulsar a exportación dos seus produtos. Por último iremos da man dos autónomos nas súas necesidades para que poidan desenrolar a súa actividade e conciliar vida familiar e laboral. Outro dos problemas que se nos plantexa en Vilanova é o envellecemento da poboación, de aí que se faga necesaria a creación dun centro de día para prestar asistencia as nosas persoas maiores e dependentes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

As contas do concello, unha preocupación