O meco que sabía o nome de todos os peixes

r. e. O GROVE / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Manuel Mascato será enterrado hoxe en terras mecas

16 may 2019 . Actualizado a las 09:54 h.

Como moitos dos seus veciños, Manuel medrou no mar. Dende cativo aprendeu de memoria os segredos da costa entre Portugal e As Sisargas. E, tamén dende neno, aprendeu unha chea de cousas sobre os peixes e os mariscos. O mariñeiro sempre foi xeneroso coa súa sabedoría, e mesmo dende a Secretaría General de Pesca lle pediron axuda para identificar distintas especies mariñas. Manuel faleceu aos 91 anos de idade. Hoxe será enterrado na súa península meca, rodeada de mar.