Betis, Porto e Valladolid, nun AF7 que hoxe desvela o resto do seu cartel

A fase final disputarase do 30 de maio ao 2 de xuño no campo da Senra


vilagarcía / la voz

A organización do Torneo Internacional Alevín Arousa Fútbol 7 desvelou onte o nome doutros tres equipos do cartel da súa fase final. A que se disputará do 30 de maio ao 2 de xuño no céspede natural do Campo Municipal da Senra, en Ribadumia. Real Betis, Real Valladolid e un clásico, o F.C. Porto, súmanse aos xa confirmados Real Madrid, Celta, Villarreal, F.C. Barcelona, Deportivo da Coruña e Makkabi Frankfurt, ademais dos catro conxuntos que a pasada Semana Santa gañaran cadansúa praza na fase previa, o Club Juventud Cambados, Ural C.F., X. Oroso e Val Miñor.

Se o F.C. Porto é practicamente fixo, premiado pola organización do AF7 polo seu gran nivel medio en espera da recompensa dun título, o Betis volve despois de tres lustros (2004), co Valladolid incluído por terceira ocasión (a última fora no 2008) no cartel da fase final.

Os sete equipos restantes do torneo internacional alevín serán desvelados esta tarde a partir das seis, no Auditorio de Ribadumia, no acto público de presentación do torneo. A cita contará coa presenza de xogadores do primeiro equipo do Celta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Betis, Porto e Valladolid, nun AF7 que hoxe desvela o resto do seu cartel