Iker Losada, convocado por segunda vez con España Sub-18, á Eslovaquia Cup

O dianteiro catoirense do Celta de vigo, a piques de redondear a mellor tempada da súa carreira


vilagarcía / la voz

O dianteiro catoirense do Celta de Vigo Íker Losada Aragunde (1/VIII/2001) está a piques de redondear a mellor tempada da súa carreira. A proposta dos seleccionadores nacionais, o nome do líder do último campión do Grupo 1 da División de Honra Xuvenil figura na lista de 18 convocados cos que o combinado Sub-18 de España disputará, do 19 ao 24 do presente mes, a Slovaquia Cup. Un campionato con sete equipos do vello continente mais a selección de México, que suporá o segundo torneo internacional do xogador vikingo coa camisola vermella.

A España de Losada debutará o vindeiro luns, ás 12 horas fronte a Croacia. Ao día seguinte, á mesma hora, mediráse a Ucrania, para completar a fase de grupos -figura encadrada no B- coa República Checa o xoves 23. No outro grupo Rusia, Inglaterra e México pelexarán coa anfitrioa, Eslovaquia, polo primeiro posto que dará dereito a xogar a final polo título na tarde do venres 24.

A Slovaquia Cup será o segundo torneo internacional de Íker Losada coa selección española Sub-18, logo de debutar na primeira semana de febreiro coa súa camisola na Copa do Atlántico de Canarias. Un campionato este no que se estreaba no primeiro partido do combinado hispano, substituíndo no minuto 83 do triunfo sobre Serbia, 3-1, o dianteiro do Atlético de Madrid Sergio Camello. Posteriormente o de Catoira participaría, xa como titular, cun gol no 7-1 endosado a Canarias, e no terceiro tanto do 4-0 co que España conquistaba o título canario fronte a Xapón, entrando no campo no minuto 57 por Alejandro Baena, do Villarreal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Iker Losada, convocado por segunda vez con España Sub-18, á Eslovaquia Cup