Luar na Lubre actuará en Ribadumia

La Voz

AROUSA

LUAR NA LUBRE

Será el viernes en el auditorio de la localidad

14 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

17 de maio • Auditorio de Ribadumia • Entrada libre con invitación • Co gallo do Día das Letras Galegas terá lugar no auditorio de Ribadumia a terceira gala homenaxe «Ribadumienses en prol do galego», un acto no que se fai un recoñecemento a persoas ou entidades que promoven o idioma galego.

A continuación, terá lugar o concerto do grupo Luar na Lubre, enmarcado dentro da súa xira «Ribeira Sacra». Para poder asistir é preciso retirar a entrada previamente no Concello de Ribadumia ata completar aforo, de xeito gratuíto.

Ata o día 11 de de maio tiñan prioridade os veciños de Ribadumia á hora de facerse coas invitacións e desde onte están dispoñibles para o resto dos cidadáns que desexen asistir á gala, con concerto incluído.