A segunda Mini BTT de Ribadumia calcula reunir unhas 1.500 persoas

A proba contará este sábado con arredor de 400 corredores de 6 a 14 anos


vilagarcía / la voz

O Concello de Ribadumia prepárase para completar unha primavera protagonizada por eventos de deporte base cun denominador común; os seu alto número de participantes, e a grande alfuencia de persoas congregadas ao seu arredor, entre integrantes das respectivas organizacións e, sobre todo, afeccionados interesados en desprazarse á localidade do Salnés para gozar das citas deportivas.

A fase previa do Arousa Fútbol 7 abría o fenómeno na Semana Santa, cun final de maio e cun mes de xuño cheo coa fase final do prestixioso torneo internacional alevín, e cos torneos infantil e benxamín baixo a denominación de Clae Viajes organizados polo vilagarcián Paco Ozores e mais polo Club Deportivo Ribadumia. No medio de tanto balón de fútbol, este sábado, a partir das cinco da tarde no campo de Leiro e no monte adxacente, son uns 400 os rapaces de 6 a 14 anos os previstos nas sucesivas liñas de saída da trece categorías benxamín, promesas, principiantes, alevín e infantil da segunda Mini BTT Ribadumia. A proba, organizada polo club ciclista local, será a quinta das 21 que compoñen o circuito galego para as categorías menores do ciclismo de montaña, que se estenderá ata o mes de setembro.

O presidente do C.C. Ribadumia, Javier Pombo, o alcalde, David Castro, e mais o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron onte a proba saliniense. Pombo calcula nunhas 1.500 as persoas que asistirán á cita deportiva da tarde do sábado, entre competidores, entre familiares e amigos, entre demais afeccionados, e mais a organización. Cifras que tira das catro probas do circuito galego completadas ata hoxe, e da exitosa experiencia do ano pasado, da que «a xente marchou encantada, dicindo que fora unha das mellores probas de Galicia dos últimos anos», conta o presidente do Club Ciclista Ribadumia.

Tanto é así, que «na véspera soen desprazarse ao lugar das carreiras entre 15 e 20 caravanas con familias enteiras dos ciclistas. Estes últimos poden adestrarse xa desde o venres no circuito da contorna do campo de Leiro, e tamén o sábado pola mañá.

Os corredores federados teñen ata o final de hoxe para anotarse, na web da Federación Galega. Os que queiran participar con licenza dun día deben facelo a través do C.C. Ribadumia, que presentará tres decenas de ciclistas á súa segunda Mini BTT.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A segunda Mini BTT de Ribadumia calcula reunir unhas 1.500 persoas