vilagarcía / la voz

A primeira edición da Bandeira Festa do Albariño, baixo a coorganización do Club de Remo Mecos e da Concellería de Deportes de Cambados, dirimíuse na tarde de onte no porto de San Tomé co club anfitrión facéndose coas dúas bandeiras en xogo. No caso da masculina, co equipo grovense facendo pleno, logo de gañar o mércores a da primeira regata da tempada de traiñeiriñas da Territorial Sur, en augas de Vigo.

A tripulación sénior feminina do C.R. Mecos, que non acudira á cita inaugural, non atopou onte rival. Gañando cun crono de 16.41.69, 37 segundos e 61 centésimas menos cos empregados polas remeiras de Samertolameu, segundas en 17.19.20. Terceira foi Tirán (17.23.08), cuarta Coruxo (18.15.58) e quinta Tirán B (19.01.54). Bueu, terceiro na Regata de Traiñeiriñas Remeiros de Vigo, retirouse no último longo pola indisposición dunha das súas deportistas, aparentemente por un golpe de calor. A remeira foi trasladada ao centro de saúde de Cambados por precaución, saíndo, informaron desde a organización da regata, polo seu pé.

O C.R. Mecos gañou tamén, coa mesma suficiencia, a regata xuvenil en 15.39.02, con Chapela (16.04.08) e con Cesantes (16.08.46) completando o podio.

Polo que respecta á categoría sénior masculina, a vitoria foi a mans da traiñeiriña de Tirán, en 14.32.17, Bueu foi segundo (14.37.68), Samertolameu terceiro (14.41.13), Samertolameu B cuarto (14.41.57), Vilaxoán quinto (14.45.28), polo sexto posto de Mecos (14.49.78) nunha categoría que contou con 22 embarcacións participantes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Mecos faise coas dúas bandeiras Festa do Albariño