O BNG leva a campaña das xerais a O Grove e Catoira

A formación nacionalista celebra un mitin o domingo, na Sala das Cunchas


O Grove / La Voz

A campaña do BNG no seu intento por recuperar a representación no Congreso dos Deputados recala de novo en Arousa. O domingo, ás doce, a Sala das Cunchas de O Grove acolle un mitin no que participarán o candidato á alcaldía, Heladio Outeiro, David Torres, suplente na lista ao Congreso, e a deputada autonómica Montse Prado. Ao día seguinte, luns, o multiusos de Catoira recibe ás oito e media da tarde ao deputado Luis Bará e a Marta Ferreiro, de Vilagarcía, integrante da candidatura por Pontevedra, tamén coma suplente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

O BNG leva a campaña das xerais a O Grove e Catoira