Xosé Leirós acompañará a Lucía César Veloso nos postos de saída da candidatura do BNG

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

07 abr 2019 . Actualizado a las 13:49 h.

O BNG de Vilagarcía presentou onte, no auditorio, o equipo electoral co que concorrerá aos comicios municipais de maio. Coñecido xa que Lucía César Veloso optaría á alcaldía da cidade como número un da candidatura, quedaba por coñecer a identidade de quen a acompañará nesta aposta polo cambio no Concello que o Bloque quere subliñar. Será Xosé Leirós, un histórico militante que entrou na corporación logo da renuncia de Xabier Ríos, quen figure no segundo posto.

A terceira praza é para María Eulalia González. En cuarto lugar, Xermán Torres, o responsable local da formación nacionalista na capital arousá. Óscar Agra, María Hortensia Rodríguez, Adrián Alcalde, Brais Alexandre, a sindicalista Marta Ferreiro, Francisco Xavier Rodríguez, Samuel García, Mercedes Nieto, Andrés López, Esther Campoamor, Cándido Meixide, Ricardo Núñez, María Victoria García, José Antonio Riós, o tamén sindicalista Anxo Lúa, Helena Mariño e Sergio González completan os 21 membros da candidatura. Como suplentes figuran na lista do Bloque Merchi Abad, José González, Dores Suárez e Xurxo Bóveda.