Manolo Pérez, técnico do Barco: «Nosotros no tenemos presión por entrar en la fase»

AROUSA

MONICA IRAGO

O adestrador prevé un partido «muy igualado y atractivo» o domingo ante o Arousa

05 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Arousa recibirá o domingo o C.D. Barco, quinto clasificado, sen a menor marxe de erro. Tras o estrepitoso fracaso o pasado sábado no campo do pechacancelas e virtualmente descendido Porriño Industrial, o conxunto que dirixe Rafa Sáez está obrigado a superar a un rival que a día de hoxe lle saca 4 puntos. Un contrincante que á súa favorable posición de partida suma a tranquilidade que lle dá o seu diferente enfoque do campionato. Fronte a un Arousa que saía coa responsabilidade de pechar un cuarto de século sen sequera disputar a fase de ascenso á Segunda B tras o seu último adeus á categoría de bronce do balompé español, «no creo que tengamos ninguna presión por alcanzar la promoción».

Quen así fala é o adestrador do Barco. O ponferradino Manolo Pérez, que onte se refería á permanencia como auténtico obxectivo do seu equipo. «Haberla conseguido tres meses antes del final de la Liga es para valorarlo», di. E sobre este punto, «a partir de aquí, veremos todo lo que pueda venir, paso a paso, semana a semana». Iso si, comenta que «tenemos que ser ambiciosos, y tratar de explotar todo nuestro potencial».

Terceiro clasificado na xornada 17 con 36 puntos, o Barco encadeou dez partidos sen gañar, nos que só sumou seis empates, afastado dunha zona de privilexio á que agora aspira a reengancharse logo de facerse con 7 dos últimos 9 puntos en xogo. Varias baixas, e a perda de confianza no seu xogo derivada dos resultados, algún inxusto, estarían destrás da depresión do Barco, conta o seu técnico. Un val que deixou atrás tras ter «recuperado el buen juego».

Co Racing e coa U.D. Ourense tras o partido da Lomba, Pérez loa o Arousa, «un equipo muy trabajado y organizado, uno de los equipos que más me gusta de la Liga, con gente capaz de desequilibrar un partido». E isto último pode ser determinante nun encontro como o do domingo, que será «muy igualado, y atractivo».