O corpo técnico do Obra dará clase o luns no Bouza Brey

Será a partir das 10.30 horas no salón de actos no instituto


Luns 1 de abril • A partir das 10.30 • Salón de actos do Instituto Fermín Bouza Brey de Vilagarcía • Os alumnos do Ciclo de Baloncesto do Instituto Fermín Bouza Brey contarán o luns cunha clase única nos once anos de existencia da titulación no centro vilagarcián. O corpo técnico do Monbús Obradoiro da ACB ofrecerálles un foro no que Moncho Fernández, os seus adestradores axudantes Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, e mais o preparador físico Rubén Vieira, os catro galegos, disertarán sobre aspectos técnico-tácticos de construción de equipo, formación individual, metodoloxía e dirección de equipo e partidos seguindo a estrutura curricular do bloque específico de ensinanzas do ciclo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O corpo técnico do Obra dará clase o luns no Bouza Brey