O crono de Raquel Meaños, a 5 centésimas do Europeo

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

OSCAR VíFER

A Federación Española fixa en 2.07.00 a mínima no 800 para a cita Sub-20 de Suecia

29 mar 2019 . Actualizado a las 10:31 h.

A Real Federación Española de Atletismo vén de despexar a grande incógnita manexada ao longo da tempada polos centos de especialistas que aspiran a acudir coa súa camisola ao vindeiro Campionato de Europa Sub-20, na cidade sueca de Boras do 18 ao 21 de xullo. A pouco menos de catro meses da gran cita da tempada para a elite da penúltima categoría no atletismo de formación, a RFEA publicou os criterios de preselección dun máximo de tres atletas por proba e por xénero, e as respectivas marcas mínimas como punto de partida.

Logo de debutar como internacional con España no Mundial Sub-20 do 2018 en Tampere, Finlandia, Raquel Meaños xa sabe que para repetir experiencia este ano deberá correr durante a inminente tempada ao aire libre a lo menos unha carreira oficial de 800 metros en 2 minutos e 7 segundos. Isto é, 5 centésimas por debaixo da súa mellor marca persoal. Ese 2.07.05 que facía por primeira vez o 27 de xullo do 2017, na sexta xornada do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra, e que repetiría o 8 de xuño do 2018, no Meeting Iberoamericano en Huelva, calcando na súa última oportunidade a mínima que esixía a RFEA para entrar na selección española que un mes despois acudía ao Mundial.

Raquel enterábase onte da mínima establecida pola Federación. E non nega a súa sopresa: «La verdad, no me esperaba que pusiesen una marca tan alta. La mínima exigida por la Federación Europa es de 2.10, y yo contaba que la Española la bajase a 2.08, 2.08.50, porque era lo que estaba pidiendo otros años. El año pasado pidieron para el Mundial 2.07.05. No tiene mucho sentido que fijen mejor marca para el Europeo cuando es más exigente un Mundial». A vilagarciá do Valencia Esports supón «que lo han querido endurecer porque el año pasado hubo tres chicas que bordearon la mínima -ela foi a única en conseguila, inda que a RFEA decidíu levar tamén a vasca María Lasa ao Mundial-».

Con todo, Meaños conta que «tampoco me preocupa, porque mi preparación va muy bien, y ya estaba enfocada desde la pretemporada a correr por debajo de 2.07». Tanto é así, que tanto a atleta como o seu adestrador, o marinense Carlos Landín, confían en poder ver a Raquel cubrir o 800 en 2.05.

Inicio ao aire libre en maio

Así as cousas, a vilagarciá asume a maior esixencia da RFEA como «una motivación más» para traballar no día a día. Coa primeira xornada da División de Honra da Liga Iberdrola co seu club a comezos de maio en Valencia abrindo dous meses de competición, e o 7 de xullo como data tope para conseguir a mínima recompensada cunha viaxe única cos gastos pagos a Boras.