Alumnos de Castrelo visitaron La Voz de Arousa

As clases de terceiro e cuarto do centro cambadés están traballando na Semana da Prensa na Escola


Cambados

As clases de terceiro e cuarto de Primaria do colexio de Castrelo (Cambados) visitaron hoxe a delegación de La Voz de Galicia en Arousa para coñecer o funcionamento dun xornal. A visita inscríbese dentro das actividades que están a facer no centro educativo dentro da Semana da Prensa. Acudiron 38 nenos e nenas e tres profesoras, que se desprazaron en autobús ata a sede do xornal en Vilagarcía.

Os rapaces dixeron estar moi contentos con esta actividade, que lles permitiu deixar as aulas durante unhas horas. Logo, de volta, traballarán na clase e farán un artigo sobre esta visita para incluílo no xornal «Outra vaca no millo», que editan no propio centro. Segundo comentaron, Nouhaila entre eles, a visita cumpríu coas súas expectativas, aínda que a delegación de Arousa é máis pequena que a sede central, situada en Sabón. Entre os asistentes, só unha nena, Alba, dixo estar interesada en dedicarse profesionalmente ao xornalismo, e foron moitos máis os que amosaron a súa preferencia pola fotografía.Os asistentes presenciaron a redacción dunha noticia en tempo real e demostraron moito interese e ánimo de aprender.

No colexio de Castrelo, dentro da Semana da Prensa, están a analizar o papel da muller neste ámbito laboral, coincidindo no tempo coa conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Alumnos de Castrelo visitaron La Voz de Arousa