Cambados organiza unha xornada para aborar a problemática do acoso escolar

Serñan mañá, durante todo o día, no Salón Peña


Un ano máis, a asociación de afectados polo trastorno de déficit de atención e hiperactividade TDAH-Salnés, en colaboración coa concellaría de Servizos Sociais de Cambados, celebra as súas xornadas sobre acoso escolar. Este ano, por primeira vez, estarán enfocadas ao alumnado das distintas etapas escolares, ademais do profesorado, equipo orientador, familias, estudantes de psicoloxía, de pedagoxía e do ámbito da educación, ademais de colectivos e asociacións. «Como é dabondo coñecido, as situacións de acoso e bulling que se suceden ultimamente chegan a actitudes tan alarmantes como incomprensibles, ata a situacións de suicidio. O fenómeno existe desde sempre, pero é nos últimos anos cando está adquirindo unha maior relevancia social, debido ao aumento dos casos propiciado, en parte, polo desenvolvemento das novas tecnoloxías e o fácil acceso a elas», segundo explican desde a asociación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Cambados organiza unha xornada para aborar a problemática do acoso escolar