«A compañeira de piso» fai parada en Vilagarcía

vilagarcía / La voz

AROUSA

PACO RODRÍGUEZ

A cita será este sábado, no auditorio

14 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de Vilagarcía acollerá o sábado a representación teatral de «A compañeira de piso», unha obra de Contraproducións Teatro que foi estreada hai apenas tres semanas en Santiago. Trátase dunha comedia, adaptación de «The Roommate», da autora americana Jen Silverman. Na súa versión galega está dirixida por Cándido Pazó e Belén Pichel, e interpretada por Patricia Vázquez e Rebeca Montero. Con todo, detrás da representación está tamén a voz en off de Xosé Barato ou a música de Guillerme Fernández, un dos fundadores de Berrogüetto. «A compañeira de piso» narra a historia de Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos. Recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa.

Sábado • 21 horas • Auditorio de Vilagarcía •