Concentración do día da clase obreira galega en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A CIG esixe a derogación da reforma laboral e un marco propio de negociación colectiva en Galicia

11 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O 10 de marzo de 1972, Daniel Niebla e Amador Rey caían baixo as balas da policía franquista en Ferrol, que quixo disolver a tiros unha protesta sindical iniciada nos asteleiros de Bazán. Dende entón, cada 10 de marzo conmemórase o día da clase obreira galega. En Vilagarcía, o sindicato CIG convocou unha concentración, onte, na praza de Galicia. Entre outras reivindicacións, a central nacionalista esixe a derogación inmediata da reforma laboral e a constitución dun marco propio en Galicia para a negociación colectiva.