Vilagarcía reivindica o 8M con cine, fotografía e accións colaborativas

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

Quere aproveitar esta data para concienciar en materia de igualdade

05 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A área de Igualdade de Vilagarcía volve celebrar o día internacional da muller traballadora, o 8M, cunha variada programación. O seu obxectivo: concienciar en materia de igualdade. O departamento que dirixe Tania García conta, neste cometido, coa colaboración do Consello Local da Muller, o colectivo O Soño de Lilith, o cine club Ádega e a Deputación. A programación ábrese mañá, mércores, coa proxección de «Trote», a historia dunha rapaza que vive illada nunha aldea, ás 21 horas, no Salón García. O director, Xacio Baño, e a protagonista, María Vázquez, participarán nun coloquio. O xoves, ás doce do mediodía, Teresa Cuíña lerá en Ravella o manifesto do día da muller. O sábado celebrarase a maratón fotográfica sobre igualdade. Xa o día 26, Luz Darriba dirixirá a acción colaborativa Venus, dentro do programa provincial Violencia Zero.