O Grove e Vilagarcía aprazan os seus desfile de Entroido ao sábado 16 e o domingo 17 polo mal tempo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A capital arousá descarta celebrar a grande festa del carnaval esta fin de semana para evitar coincidir cos enterros da sardiña de Vilaxoán e Carril

04 mar 2019 . Actualizado a las 13:22 h.

O martes de Entroido é, tradicionalmente, o día grande do carnaval en Vilagarcía e no Grove. Este ano, porén, as previsións meteorolóxicas pronostican unha xornada de vento e choiva diante da que a concellería de Cultura da capital arousá vén de decidir aprazar o evento. O desfile terá lugar o domingo 17 de marzo. Algo semellante ocorre en terras mecas, coa diferenza de que no seu caso o desfile vaise desenvolver o día anterior, o sábado 16.

Podería pensarse nesta fin de semana, pero a escolla da semana seguinte obedece a una razón clara: evitar a súa coincidencia cos enterros da sardiña de Vilaxoán e Carril, que se desenvolverán os días 9 e o 10, e, xa de paso, impedir tamén que se solape coas celebracións de piñata doutros municipios próximos. Deste xeito, ademais, amplíase o prazo de inscripción para participar no desfile ata a unha da tarde do 14 de marzo. A anotación debe facerse nas dependencias de Cultura, ubicadas no auditorio municipal.