O Pastelerías Yoli gaña a Copa Master Senior League

La Voz

AROUSA

Cedida

O Policlínica Patricio Serqueira rematou segundo

14 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Policlínica Patricio Serqueira 18-21 Pastelerías Yoli. Este foi o resultado da final da Copa A Esmorga-Master Senior League, o primeiro dos dous títulos en xogo da presente tempada na competición de baloncesto para veteráns organizada pola A.C.D. EncestaRías e amparada pola Federación Galega de Baloncesto. Un torneo do k.o. no que competiron os 13 equipos da Liga. Para facerse co título, o Pastelerías Yoli tivo que aplicarse a fondo en cada partido. Superando nos cruces de cuartos de final o Rock Bar Miúdo por un estreito 17-18, e no encontro de acceso á final o Andaina-Estrella Floja na quenda de tiros libres, que as bases da competición establecen coma sistema de desempate no caso de rematar un partido en táboas.