Adrián Ces consegue a mínima para o Nacional de Pista Cuberta Sub-18

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

A meca Piñeiro, quinta coa selección galega de marcha

12 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O atletismo arousán contará cun deportista no vindeiro Campionato de España de Pista Cuberta Sub-18. Faráo na proba de 1.500 metros da man do vilagarcián Adrián Ces, logo de que o mediofondista do C.A. Santiago acadase a correspondente marca mínima para participar na cita nacional. Cos 4 minutos, 9 segundos e 52 centésimas que asinaba o pasado domingo en Pontevedra impoñéndose na carreira do milqui para categorías Sub-18 e de idades superiores no II Control de Inverno Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Unha proba na que contou coa axuda do seu compañeiro de club, o vilanovés Sub-20 Roi Estévez, cuarto na meta.

Noutra orde de cousas, a deportista do Clube Atletismo Ría de Arousa do Grove Ainhoa Piñeiro contribuíu a pasada fin de semana ao quinto posto da selección galega Sub-16 no Campionato de España de Marcha por Autonomías en El Vendrell.