Finalísima para o Vilagarcía T.M. en Pontevedra, co Cambados en Cataluña

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

«Si no ganas este partido, es que no mereces seguir en la categoría», di Antonio Castro

09 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«Si no ganas este partido, es que este año no mereces seguir en la categoría. Si estás como estás en la clasificación y no le ganas al que tienes por encima...». O presidente e responsable técnico do Vilagarcía Tenis de Mesa, Antonio Castro, manifestábase así de sincero onte ao falar do encontro que mañá ás 11 mide o seu equipo, pechacancelas da Liga de Superdivisión, e o Visit Pontevedra, antepenúltimo con 3 puntos máis, no local de xogo deste último.

Un choque ao que o cadro arousán se presentará con toda a súa artillería. Liderado polo belga Lauric e polo checo Obeslo, e con Sergei Nigeruk e con Renier Cabezas acompañándoos para que Castro decida entre os dous xusto antes do partido. Diante, o equipo que na primavera do 2018 fixera boa a súa condición de organizador da fase de ascenso, dando o salto desde a División de Honra xunto co Cambados T.M. Un equipo que en decembro perdía o seu xogador franquicia, Horacio Cifuentes, número 1 da selección de Arxentina, pero que se reforzou no mercado de inverno co tamén arxentino Martín Betancor e mais co chinés Tsai Chun Yu.

O Cambados T.M. xoga á mesma hora, pero un día antes. Esta mañá o equipo de Ñajo Padín visita o local de xogo do C.E.R. L’Escala, sétimo clasificado con 13 puntos, que pelexa por acceder á zona de postos con dereito a disputar competición europea a vindeira tempada. O cadro arousán recupera o chinés Qiu Liang, completando o seu trío Fernando Padín e Javier Soria, para disparar un dos seus últimos cartuchos na loita pola permanencia.