O Bouza Brey organizará o 1 de abril unha mesa redonda co corpo técnico do Obra

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

Os alumnos do grao medio e superior poderán facerlles preguntas

08 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O profesorado do ciclo de baloncesto do I.E.S. Fermín Bouza Brey de Vilagarcía vén de pechar unha actividade que viña xestionando había tempo. Unha mesa redonda con todo o corpo técnico do Monbús Obradoiro da Liga Endesa ACB. Isto é, Moncho Fernández, os seus axudantes Víctor Pérez e Gonzalo Rodríguez, e mais o preparador físico Rubén Vieira, que respostarán ás cuestións que lles presenten os alumnos do grao medio e superior do ciclo, tras expoñer a súa metodoloxía de traballo e a súa experiencia en oito tempadas na segunda mellor liga de baloncesto do mundo.

Charla en inglés hoxe

Á marxe disto, hoxe o ciclo de baloncesto Bouza Brey reúne as xogadoras foráneas da A.D. Cortegada Hannah Shaw e Izabella Sangalli e do C.B. Arxil Cassandra Ousler e Chantelle Pressley. A intención, que charlen en inglés durante un par de horas para que os alumnos do ciclo pratiquen termos técnicos do baloncesto no que tamén é o idioma franco no deporte da canastra a nivel internacional.