O adeus de Mauri deixa o Arousa con 15 homes de campo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Taponado por Sylla, o dianteiro andaluz marcha ao Motril do Grupo 9

29 ene 2019 . Actualizado a las 21:18 h.

Contra o mediodía de onte o Arousa informaba, a través dun comunicado de prensa, de que o club «le concede la baja al jugador Daniel Mauri Ricardo de mutuo acuerdo entre ambas partes». Un final amigable confirmado por unha e outra, na procura do seu respectivo beneficio particular por separado, toda vez que o dianteiro centro andaluz, o último en chegar ao equipo xunto con Mou o 30 de agosto, non conseguíu desbancar a un Sylla en estado de graza da preferencia de Rafa Sáez.

O adestrador do primeiro equipo arlequinado sinalaba onte ao respecto que «con la aportación de Sylla, no hay mucho espacio para Mauri, y cuando los hemos probado juntos, hemos visto que no son muy compatibles». Así as cousas, «el coste económico de Mauri no es proporcional a su rendimiento en el equipo, y le hemos dado vía libre», di Rafa Sáez.

Autor de cinco goles nos seus 645 minutos de xogo, a un cada 129 minutos, o certo é que o promedio do punta de Fuengirola tiña certas similitudes co de Javi Pazos na súa primeira etapa na Lomba, tamén pola dificultade de Mauri para facerse un oco no once titular, no que só apareceu en cinco dos 18 encontros de Liga que disputou co Arousa.

Agora, con só 15 xogadores de campo, Rafa Sáez adianta que o club tentará fichar un ou dous futbolistas, priorizando reforzar o centro do campo, co diñeiro liberado tras a baixa dunha das fichas máis elevadas do equipo. A dun xogador formado na canteira do Málaga, en cuxo filial evolucionou catro tempadas en Terceira.

O Motril do Grupo 9 da Terceira é o destino de Mauri, que tras non aparecer xa na convocatoria do pasado domingo para o partido do Polvorín, tiña previsto adestrarse onte mesmo cun conxunto que pelexa por xogar a fase de ascenso a unha Segunda B na que militou hai tan só dúas tempadas. Mauri comentaba onte que «en Navidad me llamaron varios equipos al ver que no tenía minutos. Al volver del parón y ver que la dinámica era la misma, decidí cambiar».

Mauri valorou que «estaba tan lejos de mi casa, y con tan pocos minutos. Yo llegué al Arousa con ganas de ser importante. Pero Sylla comenzó jugando, respondió, y siguió respondiendo. Lo está haciendo muy bien, y al jugar con un solo delantero, me perjudicó». De aí que, «con una ficha alta, el club y yo llegamos a un acuerdo». Un Arousa do que só fala marabillas, e ao que, di non lle importaría volver no futuro.