Unha ollada literaria sobre a folga feminista

La Voz

AROUSA

Mónica Irago

O libro, que vai xa pola segunda edición, presentouse en Vilagarcía

18 ene 2019 . Actualizado a las 14:05 h.

Un salón de plenos é moito máis ca ese lugar onde un certo número de concelleiros se reúnen unha vez ao mes a debatir, aprobar ou rexeitar iniciativas. É, antes de nada, o lugar no que un pobo debería atoparse a si mesmo para recoñecerse e debater en pe de igualdade. Isto é o que, dalgún xeito, vén de ocorrer no salón de plenos de Vilagarcía, escenario da presentación do libro Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo. Coordinada pola escritora Inma López Silva, esta obra coral recolle as opinións de oito mulleres. Vai xa pola súa segunda edición e será distribuida en centros educativos de Secundaria e formación profesional. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, y e o alcalde da cidade, Alberto Varela, interviron nun acto que contou con abondoso público. Hai mensaxes que, afortunadamente, semellan ir callando.