Íker Losada xoga con Galicia o Nacional Sub-18 en Sanxenxo

O dianteiro de Catoira xoga en División de Honra co equipo xuvenil do Celta


vilagarcía / la voz

Os combinados Sub-16 e Sub-18 de Galicia buscan desde hoxe e ata o sábado o seu pase á segunda fase dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas. Fano tirando do factor campo como aliado, cos tres terreos de xogo de referencia de Sanxenxo escenario dos duelos cos seus pares das comunidades de Extremadura e de Valencia.

O responsable técnico do equipo galaico Sub-18, Jesús López, confirmou na súa convocatoria final de 18 futbolistas o dianteiro catoirense do equipo de División de Honra Xuvenil do Celta de Vigo, Íker Losada. A súa inclusión na lista definitiva é o resultado lóxico da confianza depositada polo seleccionador galego no xogador vikingo, que figurou en todas as súas convocatorias para os adestramentos e os partidos de preparación desta primeira fase do Campionato de España. Unha cita que non lle é nova a Íker Losada, integrante xa da selección galega que disputou a edición 2017/18.

Galicia Sub-18 inicia o torneo esta mañá, enfrontándose desde as 12.30 ao combinado de Extremadura no Campo de Baltar xusto despois do duelo entre as dúas seleccións Sub-18 das mesmas comunidades. O sábado os de Jesús López completarán a fase medíndose ao equipo da Comunidade Valenciana no mesmo horario e escenario, un día despois do duelo entre os seus dous rivais no Campo de San Pedro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Íker Losada xoga con Galicia o Nacional Sub-18 en Sanxenxo