Un concerto de música infantil no Hospital

A Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra forma parte dun programa de formación orquestral sen ánimo de lucro, auspiciado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra


Esta tarde (venres) • 18.30 horas • Salón de actos do Hospital do Salnés • O salón de actos do Hospital do Salnés acollerá mañá un concerto de Nadal a cargo da Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra. Dita actividade musical, gratuíta e aberta ao público de todas as idades, ten especial invitación para familiares, pacientes e persoal do Hospital arousán. A Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra forma parte dun programa de formación orquestral sen ánimo de lucro, auspiciado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, para xoves músicos de Galicia e o norte de Portugal. Con motivo das festas do Nadal, a Orquestra Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra traballou nun programa que inclúe panxoliñas, temas infantís e clásicos da música.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un concerto de música infantil no Hospital