Arde por completo unha vivenda en Meis esta madrugada

La Voz MEIS

AROUSA

Martina Míser

A casa estaba baleira e non houbo feridos. As labores de extinción duraron cinco horas

15 dic 2018 . Actualizado a las 11:18 h.

Os bombeiros traballaron durante máis de cinco horas na extinción dun incendio nunha vivenda de Meis, que se saldou sen feridos pero causou cuantiosos danos materiais. De feito, a vivenda quedou completamente calcinada, aínda que a intervención dos equipos de extinción evitou que o lume se propagase ás casas lindeiras e ao monte.

Todo comezou ás 3.20 horas desta madrugada coa chamada dun veciño ao 112 Galicia para avisar dun incendio no interior dunha vivenda situada no número 20 da parroquia de Paradela. A persoa insistía en que o lume collía forza e era necesaria a rápida intervención dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés.

A casa esta habitada, pero nese momento estaba baleira.O persoal do 112 pediu a colaboración dos Bombeiros de Ribadumia que, coa axuda dos efectivos do parque de Vilagarcía, fixeron fronte ás lapas ata súa completa extinción. Unhas tarefas que se prolongaron durante máis de cinco horas co obxectivo de controlar e perimetrar o incendio e evitar deste modo que se propagase ao monte e a unhas construcións tipo bungalows instaladas no recinto da mesma propiedade. Por fortuna, ninguén resultou ferido. Ao lugar desprazouse, tamén, unha patrulla da Garda Civil.