A Deputación crea unha marca para deportistas de alto nivel e grandes promesas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Habilitarase unha bolsa de 200.000 euros que se repartirá entre os deportistas merecentes da primeira

01 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar un novo piar na política de apoio do ente provincial ao deporte. A creación da primeira marca de calidade que impulsa a Deputación, que dará acceso a Becasdan, unha bolsa económica de 200.000 euros que se repartirá entre os deportistas merecentes da primeira.

Realmente, tratarase de dúas marcas baixo o mesmo paraugas. Depodan, á que poderán aspirar aqueles deportistas de máis de 16 anos empadroados na provincia e recoñecidos como deportistas de alto nivel pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, ou ben polo Consejo Superior de Deportes. E Depopromesa, limitado a deportistas pontevedreses entre os 12 e os 16 anos que, sen figurar no nivel anterior, sexan susceptibles de incorporarse proximamente a el pola súa proxección, cuns criterios obxectivos fixados desde a Deputación.

A primeira edición da liña de axudas Bescadan repartirase sobre a base dos resultados obtidos nos anos 2017 e 2018 polos deportistas que reciban a marca de calidade do ente provincial, informou Carmela Silva, que engadiu que «haberá o mesmo número de bolsas para homes e para mulleres, e unha alta porcentaxe para deportistas con diversidade funcional».