O BNG denuncia no Parlamento o «maltrato» da Xunta ao Hospital do Salnés


vilagarcía / la voz

A portavoz parlamentaria de Sanidade do BNG, Montse Prado, rexistrou unha batería de iniciativas para denunciar a situación do Hospital do Salnés no que se detectan unha «importante sobrecarga de traballo» e se arrastran as consecuencias do peche da terceira planta de hospitalización. A nacionalista preguntará ao goberno se vai seguir permitindo que o Sergas «maltrate» ao centro hospitalario do Salnés e pide se redimensione o cadro de persoal, se abra a terceira planta e se contrate a máis persoal.

A nacionalista tamén alude a perda da certificación de Hospital amigo dos nenos por non poder cumprir coas prestacións requiridas pola distinción de Unicef. Prado lembra que o colectivo de enfermeiras da primeira planta leva denunciado a situación do hospital pola carencia de persoal cunha grande carga de traballo que se viu agravada en período estival con menos persoal de enfermería.

Na actualidade, son atendidas as especialidades de cirurxía, uroloxía, otorrino ou xinecoloxía, ademais de atender urxencias e partos e doentes programados ingresados polas tardes, o que conleva a asunción dun gran número de tarefas a maiores.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O BNG denuncia no Parlamento o «maltrato» da Xunta ao Hospital do Salnés