Raquel Dacosta, das Torres-Romaría Vikinga, a por unha bolsa para talentos


vilagarcía / la voz

A padexeira das Torres-Romaría Vikinga Raquel Dacosta participa esta semana no programa de detección de talentos canoa muller que a Real Federación Española de Piragüismo realiza no Centro de Alto Rendemento de La Cartuja, Sevilla. Un programa con catorce deportistas incluídas de saída e que, explicaba onte o director deportivo do club catoirense, Luis Busto, rematará coa elección das dúas especialistas que recibirán durante un ano unha bolsa de 300 euros mensuais para colaborar no seu crecemento da man de Iberdrola, patrocinador dos programas de fomento do deporte feminino da RFEP.

Desde a Federación Española informábase onte a través dunha nota de prensa de que o seu director técnico, Ekaitz Saies, e o responsable da canoa do equipo nacional español, Marcel Glaván, dirixen as sesións que se desenvolverán ata o venres, e nas que as deportistas se someterán a medicións de altura, de envergadura e de peso, a probas de esforzo con 25 quilogramos de peitoral e dorsal, a probas de natación de 50 metros, a carreiras a pé sobre 400 metros e sobre 2 quilómetros, a tests de equilibrio, e ao lanzamento de balón medicinal.

O obxectivo sinalan desde a RFEP, é detectar novos talentos con potencial para aspirar a estar nos vindeiros Xogos Olímpicos, en Tokio 2020, nos que a canoa feminina se estreará no programa de competición.

Raquel Dacosta reorientara o pasado mes de xaneiro a súa carreira á canoa precisamente logo de renunciar a continuar en Sevilla co equipo nacional de kayak feminino.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Raquel Dacosta, das Torres-Romaría Vikinga, a por unha bolsa para talentos