O arousán Jacobo García redondea o seu brillante 2018 coa prata na Copa de España

VelaO regatista suma a medalla aos ouros mundial e europeo


vilagarcía / la voz

A Copa de España da clase 420 refrendou a pasada fin de semana en San Sebastián o brillante ano das dúas tripulacións galegas que durante o 2018 impuxeron a súa lei no panorama internacional. Co vigués Martín Wizner e co pontevedrés Pedro Ameneiro, regatistas do Real Club Náutico de Vigo, conquistando o título nacional absoluto e Sub-19 na bahía da Concha tras colgarse o bronce no Mundial Absoluto e o ouro no Europeo Júnior; e co vilagarcián Jacobo García e co coruñés Toni Ripoll, compañeiros no Real Club Náutico de Sanxenxo, facéndose coa prata Sub-17 da Copa de España, primeira cita da nova tempada 2018/19, logo de reunir o pasado verán os títulos de mellor tripulación no Mundial e no Europeo da súa categoría de idade.

Nunha cita con 96 embarcacións en lid, cos regatistas galegos baixo a coordinación técnica do director do Centro Galego de Vela, o arousán Bruno Gago, Jacobo García e Toni Ripoll conseguiron o subcampionato da Copa de España cunha serie de 5-16-13-3 nas catro mangas computadas entre o venres e o sábado nas augas donostiarras, e co segundo e co quinto postos asinados o domingo nas mangas disputadas pola frota de favoritos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O arousán Jacobo García redondea o seu brillante 2018 coa prata na Copa de España