A quinta amarela de Pablo González agrava a falta de efectivos do Arousa

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

OPA RACING

MARTINA MISER

Súmase ás baixas de Torrado e de Manu Rodríguez para a visita o sábado á U.D. Ourense. Chiqui, Pacheco, Javi Otero e Julio Rey, onte entre algodóns

23 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A derrota o domingo a mans do Racing de Ferrol servíu para destapar o lastre agochado co que o Arousa competíu nas dúas últimas semanas na Lomba fronte aos sobre o papel os seus dous rivais máis poderosos na carreira de fondo por un posto na promoción de ascenso á Segunda División B. Tras o último encontro de Liga, o adestrador do cadro arlequinado, Rafa Sáez, desvelou ante a prensa local que tanto ante o conxunto racinguista como sete días atrás co líder, Bergantiños, o seu plantel xogou notablemente mermado: «Hay cosas que lógicamente no tiene por qué saber la gente, ni ser públicas. Tenemos desde hace semanas tres jugadores con molestias. Luis García -substituído o domingo por esa mesma razón- es uno de ellos, Julio -Rey- otro. Eso lógicamente se va agrandando» co paso das xornadas sen descanso dos afectados, «se va haciendo más preocupante. En el once titular podemos aguantar que haya tres, dos jugadores que puedan no estar al 100 %; pero si tenemos cinco ya empezamos a perder lógicamente potencial, y a perder posibilidades».

Lonxe de aparentar o recurso a unha escusa, o discurso de Rafa Sáez limitábase a describir unha realidade, que lle obrigou, explicou, a medirse ao Racing de Ferrol sobre o mesmo punto de partida, cun plantel eminentemente físico que igualase o xogo rival, pensado en «llevar el partido a los últimos 20 minutos con empate, y tratar de que ellos entrasen en una fase de ansiedad por ganar su primer partido fuera y dejasen espacios con los que hacerles daño» coa entrada no campo de Chiqui e de Julio Rey.

Que ningún dos dous saíse de cara é debido aos problemas físicos que levaron a que onte non adestrasen na primeira sesión de traballo semanal do Arousa. Chiqui, cunha escordadura de grao 1 no dedo gordo do seu pé esquerdo. Tampouco se adestrou Pacheco, substituído ante o Racing por un golpe nun nocello, con Javi Otero facéndoo fóra do grupo, mancado nun talón o pasado xoves, ata o punto de non dar podido pisar sen dor, polo que se acabou caendo da última convocatoria de Sáez. O técnico confiaba onte en que Julio Rey e Pacheco comecen exercitarse cos seus compañeiros mañá tras a xornada de descanso de hoxe, e que Chiqui e Javi Otero o fagan a partir do xoves coa vista no partido que este sábado lles tocará disputar con outro dos candidatos a entrar na vindeira fase de ascenso, a U.D. Ourense no campo de San Rosendo de Celanova -O Couto está en obras-.

Os problemas físicos e de efectivos volverán ser de novo esta semana un lastre para o Arousa. Dificilmente ningún dos catro futbolistas enunciados estará ao cento por cento das súas capacidades, se están. E Rafa Sáez volverá ter que xogar sen dous, probablemente tres dos seus titulares indiscutibles. Carlos Torrado perderáse o seu segundo encontro por unha mononucleose, e Pablo González o primeiro. O central vigués, o único dos catro futbolistas do Arousa que remataron o partido co Racing tendo xogado todos os minutos no que vai de Liga, víu o seu quinto cartón amarelo da tempada. Na Lomba agardan esta semana polo fallo de Apelación ao recurso contra o segundo partido de sanción a Manu Rodríguez. Veráse.