O Atlético Arousana foise ao descanso cun set en contra

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Co partido setenciado, o técnico do Arousana fixo debutar á chamada a ser nova porteira titular do equipo, a valenciana Pipa

02 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sabíase da superioridade manifesta do Deportivo da Coruña, que co Oviedo Moderno, son os dous equipos que pelexarán polo título e polo ascenso, se non á Primeira, si á nova Segunda División que se porá en marcha a vindeira tempada. Con todo, o Atlético Arousana deu na mañá do pasado domingo unha paupérrima imaxe ante a súa afección. Coa súa porteira adolescente, Tania, e o resto dun once de Juan Laxes que a debía arroupar encaixando tres tantos nos primeiros dez minutos de xogo, para chegar ao descanso con seis goles a prol do cadro coruñés.

Co partido setenciado, o técnico do Arousana fixo debutar á chamada a ser nova porteira titular do equipo, a valenciana Pipa, que substituíu a Tania no minuto 50 e encaixou outros dous tantos.

Arousana: Tania (Pipa, min 50), Carla Moital (Sara González, min 50), María Arufe, Laura Vila (Marta Dopico, min 66), Irene, Caro, Bárbara, Zai (Romina, min 75), Ana, Laura e Miri

Deportivo: Miralles, Míriam, Iris, Mérida (Laura, min 46), Teresa, Kika (Cris, min 46), Erika (Patri, min 46), Carlota, Michelle Romero, Peke (Nuria, min 46) e Gaby

Goles: 0-1, min 5: Erika. 0-2, min 9: Gaby. 0-3, min 10: Peke. 0-4, min 23: Peke. 0-5, min 39: Teresa. 0-6, min 41: Gaby. 0-7, min 82: Teresa. 0-8, min 90: Carlota.

 

 

 

 

 

 

 

 

Árbitro e tarxetas: Pérez Malvido (Galicia). Amarela á local Bárbara.