21 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe • 19.30 horas • Rúa Castelao • O Concello do Grove está inmerso nos actos do Mes da Emigración Meca, un programa pensado para reivindicar a importancia do traballo dos mecos que marcharon polo mundo adiante. Un deles foi Paco Lores, que marchou para Arxentina cando tiña 18 anos. Malia estar lonxe da casa, nunca esqueceu as súas orixes. Desenvolveu unha intensa actividade cultural na entidade Fillos do Grove en Bos Aires, pero destacou sobre todo pola súa defensa a ultranza dos dereitos dos emigrantes. A súa figura será homenaxeada hoxe nun acto ao que acudirán a súa viúva, Dolores Doural e a súa filla, Lorena Lores, chegadas desde Arxentina. Tamén estarán persoeiros como Manuel mera, María Xosé Porteiro ou Xosé Manuel Beiras.