O play-off, case un imposible para Mecos ao volver ser puntuable a regata asturiana

Ares multiplica de 2 a 4 os seus puntos de vantaxe coa traíña grovense a falta xa só de dúas regatas puntuables

.

vilagarcía / la voz

A Liga Galega de Traíñas A experimentou onte un pequeno maremoto. A través da páxina da LGT en Facebook, a primeira hora da madrugada a súa dirección facía público o fallo do xuíz único de competición a prol do grupo de equipos que recorreron a decisión dos responsables da Bandeira Princesa de Asturias, disputada o pasado 28 de xullo en Castropol, de declarala non puntuable. O motivo entón fora o desprazamento do tren de boias xusto antes da quenda de honra.

Nesa quenda de honra vogou o C.R. Mecos-Isabel, finalizando terceiro nunha regata gañada por Ares, con Samertolameu terceira. Ao recuperar a cita para a clasificación xeral, o equipo grovense ve como o a súa diferenza con Ares pasa de 2 a 4 puntos, 103 fronte a 107, co cadro coruñés empatado coa traíña de Meira, a outra damnificada, manténdose esta con todo líder polo seu maior número de vitorias na Liga. Catro puntos moi difíciles de recuperar cando xa só restan dúas regatas puntuables, Chapela e Meira, ao non selo o Teresa Herrera desta fin de semana.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O play-off, case un imposible para Mecos ao volver ser puntuable a regata asturiana