O Atlético Arousana abrirá a Liga no campo do Sárdoma

O conxunto vilagarcián pechará o campionato o 21 de abril cunha visita ao cántabro C.D. Oceja


vilagarcía / la voz

O Atlético Arousana vén de coñecer o calendario da súa nova tempada de regreso á categoría de prata do balompé feminino español, a Segunda División. Con 26 xornadas repartidas entre o 9 de setembro, con visita do conxunto que dirixe Juan Laxes ao campo do Sárdoma C.F., e o 21 de abril do 2019, co último encontro levando o cadro vilagarcián ata o feudo cántabro do C.D. Oceja.

Oviedo Moderno, Victoria C.F., Deportivo da Coruña, Sporting de Gijón, C.D. Valladares, Victoria F.C., Atlántida Matamá, Peluquería Mixta Friol, C.D. Monte, Racing Féminas e Gijón F.F. serán os outros rivais do Atlético Arousana no seu último retorno á Segunda, na que a creación dunha Primeira División A na tempada 2019/2020 debera garantirlle a súa continuidade alomenos outro ano máis.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Atlético Arousana abrirá a Liga no campo do Sárdoma