A travesía a nado do Grove mantén aberta a inscrición

AROUSA

MONICA IRAGO

A proba deportiva disputaráse o domingo desde as cinco e media da tarde sobre 1.200 metros de percorrido

08 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras a carreira entre Tomiño e A Garda, o DepoDesafía 2018, o grupo de probas deportivas impulsado pola Deputación de Pontevedra, chegará este domingo ás cinco e media da tarde ao Grove cunha travesía a nado de 1.200 metros. Unha cita que lles permitirá aos seus participantes gozar ao mesmo tempo dun percorrido coa Illa da Toxa dun lado, e o paseo marítimo da vila meca polo outro. Os interesados poden anotarse ata o venres a través da páxina web http://www.depo.gal/depodesafio/probas. O DepoDesafío conta con cinco citas. Os gañadores da xeral, para a que haberá que completar alomenos catro, serán recompensados cunha participación no Maratón de Berlín.