«Buscamos involucrarnos na cultura da zona onde tocamos»

Xangai xorde do vínculo cultural entre Cataluña e Galicia, un proxecto colectivo que chega hoxe a Os Xoves de Códax

.
A. G.

Bautizado co alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Cataluña, A Banda Xangai xorde en Barcelona coa celebración do 40.º aniversario do Ateneu Nou Barris, o centro social máis antigo de España. Un proxecto musical que reúne artistas destacados como Os Diplomáticos de Monte Alto (Xurxo Souto e Pulpiño Viascón), Os Papaqueixos (Xan Xove e Antón Díaz), Dios Ke Te Crew (García) ou o entrevistado Nacho López, integrante da antiga banda, Jarbanzos Negros.

-A banda xorde como un vínculo cultural entre Cataluña e Galicia. ¿Cal é voso obxectivo como grupo?

-A unión musical entre distintos tipos de artistas. Non só nos xuntamos distintos grupos, senón tamén facemos de orquestra de músicos moi recoñecidos, como Pinto de Herbón, que teñen os seus propios proxectos pero non teñen banda propia e nos servímoslle de colchón.

-E dicir, non sodes un proxecto pechado cuns membros concretos.

-Claro, é un proxecto totalmente aberto. A raíz desa reunión no Ateneu Nou Barris pasámolo moi ben e descubrimos esta idea de banda aberta e innovadora. Aínda que tamén facemos temas propios non é o noso obxectivo principal, temos un montón de colaboradores que achegan os seus temas a nos. Por exemplo, hoxe no Martín Códax acompáñanos Sito Sedes que é un clasicazo e un dos mellores cantantes de orquestra de tivo Galicia.

-Con tantos artistas polo medio, ¿cómo facedes para que os diferentes estilos acaden unha fusión harmoniosa sen facer practicamente ensaios?

-Pois a verdade que case non nos da tempo a ensaiar e, por iso, as nosas actuación teñen ese compoñente de aventura e lanzarse á piscina. Tanto por nos como polo público, que teñen que entender que estes non son repertorios cravados semana a semana, senón máis ben espontáneos. Pero curiosamente isto dálle unha forza extra ás actuacións que, doutra maneira, sería difícil de acadar porque a enerxía e o risco de non saber que vai pasar tamén transmite unha emoción extra.

-Neste sentido, encaixades perfectamente na proposta de Martín Códax que, precisamente, busca a fusión de distintos artistas e estilos.

-Si, exacto. Nos mesmos xa somos unha fusión. Estas propostas son moi bonitas por iso. Por exemplo, tamén iremos As Revenidas e actuaremos coa Coral de Vilaxoán, que cantarán cancións nosas e nos tamén acolleremos o seu repertorio. Para a próxima actuaremos con Bolboreta, logo con García... e así vamos sumando distintos artistas.

-Entón, cada concerto voso é único e practicamente irrepetible.

-Tendo en conta isto si claro. E ademais buscamos involucrarnos na cultura e a tradición de cada zona para facer un concerto cun repertorio particular que chegue as personas de esa zona.

-En canto aos teus proxectos persoais, trala disolución de Jarbanzos Negros ¿en que estás centrado?

Estou moi metido no mundo do circo. Fago composicións sonoras para espectáculos de circo, teño unha banda que se chama Circonauta e tamén estou nuhha compañía que se chama Ciclicus e onde facemos produccións propias e, ben, logo fago colaboración con distintas bandas e traballo nun estudio de son.

-¿Volverá algún día Jarbanzo Negros?

-Nos xuntamos de forma extraordinaria, como no aniversario do Ateneu en Barcelona, pero o de volver como grupo e facer xiras non volverá a pasar. Cando decidimos separarnos foi porque cada un tiña as súas propias inquedanzas e os seus proxectos propios. Esta ben o de reunirnos de vez en cando, pero o grupo non volverá.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Buscamos involucrarnos na cultura da zona onde tocamos»