O Atlético Arousana inicia a posta a punto para a Segunda

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Con 20 xogadoras comezaba o luns Juan Laxes a pretempada

01 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Con 20 xogadoras comezaba o luns Juan Laxes a pretempada do Atlético Arousana. Unha fase de preparación que concluirá o 9 de setembro co regreso efectivo do conxunto vilagarcián á Segunda División, a ata a vindeira tempada categoría de prata do balompé feminino español, á que volve pola renuncia doutro equipo.

Pendente doutros tres reforzos, o Arousana arrincou coas fichaxes das defensas Laura Vila (Boiro) e Romina (J. Cambados), e da dianteira Marta Dopico (U. Dena), ademais da incorporación de Roberto Pazos como adestrador de porteiras.