«PescadeRías garante a frescura, a orixe e sustentabilidade do produto»

A boa sintonía entre a Xunta e o sector pesqueiro son básicos para a competitividade dos produtos galegos

.

pontevedra / la voz

A calidade e trazabilidade dos produtos e o respecto ao medio ambiente adquiren cada vez un maior peso entre os consumidores, obrigando tamén a reaccionar, de forma consecuente, ás xentes do mar e aos distribuidores, grandes e pequenos. Unha das solucións adoptadas é a posta en marcha de selos de calidade, co respaldo da Administración e de institucións como a Universidade, e que serven para acreditar, precisamente, eses valores que busca o público nos produtos que consume.

-¿Como definiría á marca PescadeRías e por que a impulsou a Xunta?

-PescadeRías é unha iniciativa da Consellería do Mar que xurde para protección e promoción dos produtos mariños que veñen da pesca artesanal. Esta flota é cercana, sostible e está moi implicada con toda a costa galega. O seu principal obxectivo é diferenciar este produto de alta calidade e de moito prestixio, garantindo aos consumidores a frescura, a orixe e a sustentabilidade. Desta forma, o que se pretende tamén é impulsar a profesión da pesca artesanal e sostible como un modelo de explotación dos recursos pesqueiros, que, ademais, está moi vinculado coa nosa forma de ver e vivir o mar. Certifica produtos tanto da pesca como do marisqueo, sexan frescos ou preparados, todos eles capturados como máximo 24 horas antes da primeira venda e con medios de pesca selectiva. Iso fai que se limite ao que é a pesca artesanal. E ao mesmo tempo aos produtos transformados do mar, é dicir, conservas, esíxese que estean feitos exclusivamente con produtos certificados de PescadeRías para obter así a súa certificación. Non poderían entrar nesta categoría nin os produtos de acuicultura nin os de auga doce.

-Nestes tempos de concienciación ambiental, presentouse hai uns días o selo de Pescaenverde, ¿que lle acredita esta marca ao consumidor?

-É unha marca propia da Universidade de Santiago de Compostela, que encaixa moi ben cos produtos de PescadeRías.

-¿Por que?

-Porque o que estamos facendo é que se lle aporte ao consumidor información sobre o medio ambiente. Neste caso estamos ante o que sería unha ecoetiqueta. Estamos falando de comunicarlle ao comprador cal é a pegada de carbono e da taxa de retorno enerxético de cada pesquería, e é evidente que unha flota artesanal, como é a que se certifica con PescadeRías, ten moi pouca pegada de carbono. Os cálculos realizados pola Universidade de Santiago, a propietaria da marca de Pescaenverde, evidenciaron que estas especies capturadas baixo as modalidades certificables de PescadeRías están dentro deses límites aceptables de pegada de carbono e, polo tanto, o que fixemos foi un acordo, de forma que os produtos certificados por PescadeRías se incorporan á marca de Pescaenverde. Nas nosas etiquetas aparecen os dous selos. Estamos falando dun plus de tal forma que o que se fai é acreditar esa mínima pegada de carbono.

-¿En que ten que fixarse o consumidor á hora de comprar para asegurarse de que o que lle ofrecen é galego e de calidade?

-Nas etiquetas debe claramente constar a orixe. Os establecementos que compran PescadeRías o que van facer é lucir claramente esa etiqueta e polo tanto animo a todos os consumidores a ver as etiquetas para poder asegurarse desa orixe galega que é ao fin e ao cabo do que se trata cando as puxemos en marcha.

-¿Cal é o grao de cooperación entre as confrarías e a consellería á hora de asegurar a trazabilidade do produto?

-Isto é importante, porque o tema da trazabilidade non é só unha obriga legal, senón porque realmente no sector tamén cren que é algo bo garantila. Cando un produto ten esa marca, ten asegurada a calidade sanitaria. En calquera proxecto que avala a calidade excepcional dos produtos galegos a colaboración é total. De feito, ao final do 2017 tiñamos 36 lonxas adheridas a PescadeRías. Nestes momentos temos outra máis, que é a de Ribeira. Temos incrementos en especies certificadas noutras lonxas. E tamén temos centros de depuración, cetáreas, distribuidores e empresas de transformación. Iso no que se di da primeira parte. E despois, na segunda, temos cada vez máis restaurantes, máis peixerías e incluso están certificadas tendas on line. E dicir, esa implicación coa trazabilidade en PescadeRías non é so no sector extractivo, senón que tamén o fan desde os demais eslabóns da cadea.

-¿Como se combate o fraude nos produtos pesqueiros que se poñen á venda nos mercados ou nos establecementos?

-Combátese con que os consumidores esixan a boa etiquetaxe, e despois, con accións constantes de gardacostas, cada un no seu ámbito, Tamén Consumo con vixilancia ao respecto. Evidentemente o fraude tamén se combate moito mellorando cada vez máis a formación e a información que lle podemos dar ao consumidor final, porque evidentemente un consumidor ben informado é menos propenso a ser vítima dun fraude, que é do que se trata en todo isto. E dicir, saber o que se quere e saber o que che dan, e saber ser capaz de distinguilo. E desde logo unha das cuestións fundamentais para facelo é dentro dos cauces legais. E máis difícil que se che produza un fraude se acodes aos cauces comerciais legais que comprar por outros lados.

«Non podemos aceptar que a xente de Galicia deixe de consumir peixes e mariscos»

O consumo de peixe é unha das pezas fundamentais da economía galega e máis alá da Canda e do Padornelo os produtos deste litoral gozan de moito prestixio. Sen embargo, nos últimos anos fálase moito de que os mozos xa non consumen tanto peixe como o facían os seus maiores.

-¿Como se ganan as novas xeracións para consumir produtos do mar?

-Ogallá tivéramos a variña máxica. Desde a Consellería do Mar lévase traballando desde o ano 2009 activamente en campañas que tratan de mellorar o coñecemento e, sobre todo, mellorar o consumo de peixe nas xeracións novas, especialmente nos nenos. Temos en particular dúas campañas, que son Ponlle as Pilas ao teu Bocata e O Sabor da Aventura está no Mar. Nestas campañas póñense de releve as boas características e os beneficios do consumo de peixe. Están prantexadas para que sexan sempre dentro da perspectiva dos nenos, animándoos a probar o peixe e facendo obradoiros e concursos para que sexa o máis atractivo posible. Sempre temos en contra ese espírito lúdico pero, por outra parte, tamén temos como obxectivo que lle sirva para probar o produto e enganchalos.

-Iso para os máis pequenos, ¿e para os máis maiores?

-Desde a consellería, facemos tamén campañas xerais como O noso Mar Marca. Impulsamos promocións vinculadas a PescadeRías e outras iniciativas.

-¿E como vai funcionando?

-Neste momento, ademais de gañar aos nenos para o consumo de produtos do mar, estamos moi preocupados polo que é o descolgue do que se chama as idades dos milenials. Neste ámbito referímonos a eses rapaces, entre 18 ata os 30 anos, que parece que cada vez son máis reacios a comer peixe. Na consellería estamos traballando para afrontar esta cuestión. Cremos que é posible volver a acercar a toda a xente aos produtos do mar por moitos motivos, porque unha vez que os probas ves que están ricos, que son fáciles de preparar e que son saudables. Isto é un pouquiño no que estamos a traballar e é un dos nosos obxectivos. Non podemos aceptar que a xente de Galicia deixe de comer peixe, porque realmente o peixe e Galicia somos un. Non se entende Galicia sen o mar e o mar é iso, é o produto da pesca e do marisqueo. Temos que seguir sendo capaces de explotar sustentablemente e alimentarnos del, que é unha fonte de proteína e de enerxía.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«PescadeRías garante a frescura, a orixe e sustentabilidade do produto»