«Faise todo o posible por ter as estradas mellor dimensionadas e operativas»

bibiana villaverde / L. Méndez PONTEVEDRA / LA VOZ

AROUSA

CESAR TOIMIL

O director de infraestruturas fai balance da situación nas estradas galegas coa chegada do verán e as retencións

27 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha conversa en RadioVoz Francisco Menéndez falou dos problemas que ocasionan as retencións en vías de acceso ao Morrazo e ao Salnés. Son os puntos quentes do verán nas Rías Baixas e moitos conductores demandan solucións.

-¿Cal é o balance destas retencións no verán?

-Son situacións diferentes no Morrazo e no Salnés. Correspóndense con puntas de tráfico de horas especiais ao ano. Prodúcese unha concentración de vehículos en horas concretas que exceden a capacidade da rede viaria. A primeira mensaxe é a reflexión. Fáise todo o traballo posible para ter as infraestruturas o mellor dimensionadas e operativas posible. Non se poden dimensionar para a hora punta do día máis complicado porque senón serían grandes para o que é normal nesas vías. Cómpre escalonar os desprazamentos para minimizar os problemas. Como condutores son situacións que sufrimos cada un de nós.

-No caso do Salnés, fálase desde semáforo e parece que complicou a circulación. Agora non está funcionando. Vaise deixar de empregar este verán?

-Coa situación das praias e coa alarma social creada polo semáforo, en coordinación co Concello de Sanxenxo e a Garda Civil acordouse que nesta semana e en vindeiros fines de semana deixaría de funcionar de modo que en horas punta puidera haber unha regulación específica por parte das autoridades. A situación tamén é extraordinaria na afluencia de persoas. Que non haxa semáforo e si paso de peóns pódese considerar que teñen prioridade e non paren de pasar, cortando o fluxo do tráfico. Onte houbo regulación sen semáforo e os problemas de producíronse dun xeito similar. A orixe é un exceso de capacidade nas estradas.

-¿Debemos como condutores resignarnos?

-Non, son situacións diferentes. No Morrazo sabíamos que ía ser un verán complicado nos días de máis afluencia das praias e inda están en execución as obras do treito tres da conversión en autovía. Había un punto feble porque os sete kilómetros que dan servizo rematan onde comezan as obras e é un punto no que non hai saída de tráfico, no que ademais a velocidade debe reducirse precisamente polas obras e, polo tanto, o efecto de estreitamento é maior. No vindeiro verán, co servizo do terceiro treito ata Cangas no que si hai una derivación de trafico, vai mellorar. Hai unha evolución pero iso non está de máis se seguen producindo retencións noutro tipo de estradas e convén planificar porque a capacidade non é infinita.

-En canto ao transporte público, na comarca insisten en que se debe potenciar para disuadir aos condutores de coller o vehículo.

-Se tomaron medidas sen precedentes na potenciación do transporte público. O transporte metropolitano fixo un importante abaratamento nos barcos que están integrados e tamén no transporte público. Se está abordando unha reordenación das liñas de transporte interurbano para o 2019. Cómpre poñer en valor todas esas medidas xa que trátase dun abaratamento real, dunha alternativa que é boa para desprazarse á península do Morrazo. Dimensionamos as estradas para o seu funcionamento xeral e o resultado está sendo bo máis alá dos problemas puntuais que pode haber nalgúns días do ano.