O Céltiga incorpora a Orlando, formado no Feyenoord, e a Arinse, na base do Arsenal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Canso de agardar por tantos xogadores galegos exasperantemente indecisos á hora de respostar as ofertas presentadas polo Céltiga, o adestrador do equipo illense, Manolo Núñez, decidíu tirar dos seus contactos para coser unha parte importante do seu plantel con tea foránea

27 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Canso de agardar por tantos xogadores galegos exasperantemente indecisos á hora de respostar as ofertas presentadas polo Céltiga, o adestrador do equipo illense, Manolo Núñez, decidíu tirar dos seus contactos para coser unha parte importante do seu plantel con tea foránea. Confirmada con anterioridade a fichaxe do luso Mario Jardel júnior, e co danés Yroen a proba, onte o club arousán tiña prevista a chegada desde Londres de dous novos reforzos con pasaporte estranxeiro. Ambos, formados en cadanseu grande do balompé europeo. O punta holandés de orixe angoleña Orlando João, e o lateral esquerdo inglés de orixe nixeriana Arinse Uade.

Nado na cidade holandesa de Helmond, Orlando João (1/X/1994) tería pasado parte da súa formación no Feyenoord, xogando posteriormente no balompé inglés, e a tempada pasada na Segunda División de Gibraltar. Zurdo e con 181 centímetros de estatura, é presentado por Núñez como un «dianteiro centro de forza, de potencia».

Arinse Uade (26/XII/1995), pola súa banda, evolucionou na canteira do Arsenal, chegando a xogar 592 minutos no filial na Premier League 2. Tras unha breve experiencia no fútbol finés, no SJK Seinäjaki, militou despois de volta a Inglaterra no Ilkeston Town, Norwich, Lewes, Harrow Borough e Ashford United. Del di o seu novo adestrador que é «un lateral con percorrido, ben defensivamente tanto por abaixo como de cabeza.