O Campus EncestaRías ofértase como unha maneira única de aprender e medrar no baloncesto

A psicoloxía e o soporte cinematográfico, entre a proposta


vilagarcía / la voz

«Queremos que el Campus EncestaRías se convierta en una fiesta de la convivencia al tiempo que sus alumnos puedan mejorar su nivel de juego en una iniciativa de primer nivel». O responsable da Asociación EncestaRías, Diego Doval, presentaba onte xunto co director deportivo do campus, Manuel Santos, a primeira edición dunha proposta que vén a sumarse á Master Senior League e ao torneo ACB promovidos pola entidade deportiva, e que esta pretende «perdure en el tiempo». Un campus «focalizado en el baloncesto, con el que queremos hacer crecer a los participantes con herramientas diferentes a las que no están acostumbrados». E todo, cun profesorado de auténtico luxo reunido do 9 ao 14 de xullo nos pavillóns números 1 e 2 do complexo polideportivo municipal de Fontecarmoa.

Profesorado que encabezarán Ángel Sánchez Cañete, adestrador axudante do Unicaja de Málaga e do corpo técnico da selección española masculina absoluta dirixida por Sergio Scariolo, e mais por Jesús Ramírez, técnico axudante do Bilbao Basket da ACB. Xunto a eles, dous dos técnicos axudantes máis prometedores do baloncesto galego, Pablo Abuín (Breogán de Lugo), e Iria Romarís (Basquet Coruña), rivais na LEB Ouro a pasada tempada. Os catro, coa axuda de adestradores locais, e das clases maxistrais que impartirán os baloncestistas de elite Sara Gómez e o ACB Txemi Urtasun.

Dirixido a rapaces de 12 a 20 anos con ansia de «mejorar sus conocimientos individuales del baloncesto» durante seis días, o I Campus EncestaRías contará cun horario de 9 a 19 horas, con dobre sesión de adestramentos matutinos e unha terceira colectiva de tarde, ademais de actividades acuáticas e dun 3x3 nocturno no seu programa paralelo. Todo en grupos reducidos, de 6 a 8 rapaces, e co uso de ferramentws de moi diverso tipo, incluídos os visionados de documentais e películas, e tamén formación psicolóxica, tocando «todos los aspectos del baloncesto», salientaba onte Doval antes de informar de que inda quedan prazas dispoñibles. Os interesados contan con máis información na web de EncestaRías.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Campus EncestaRías ofértase como unha maneira única de aprender e medrar no baloncesto