«Bardos», a autoestima dun centro de secundaria

r.e

AROUSA

MARTINA MISER

20 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Foi no curso 1985-86 cando naceu «Bardos». Un feixe de mestres, entre eles algúns que agora se xubilan, decidiron embarcarse nunha aventura que, número tras número, tense nutrido do talento e do traballo de ducias de xeracións, de centos de persoas, converténdose nun sinal de identidade do instituto Bouza Brey. É este un instituto «cunha identidade plural», no que conviven a ESO, o bacharelato, e diversos ciclos formativos. A revista é, tamén «un elemento fundamental para a autestima, tanto individual como colectiva, pois supón un espello no que mirarse, recoñecerse, e presentarse ante os demais». Neste número dáse conta das actividades desenvolvidas no centro e, tamén, da despedida de un bo feixe de docentes que se xubilan.